luns, 23 de decembro de 2013

Cantamos panxoliñas

O último día de clase todos os cursos cantamos panxoliñas. Carmen, a profe de música, buscou e preparou unha panxoliña para cada un dos cursos. Os de segundo cantamos unha moi divertida que se chama "O CUARTO REI MAGO".





domingo, 22 de decembro de 2013

ATA LOGO, JESSICA, ÍMOSTE BOTAR MOITO DE MENOS

Este venres foi o último día de clase de Jessica, a partir de agora ten que volver a estudar. Botarémola moito de menos.
VOLVE AXIÑA A VISITARNOS.





Unha árbore de estrelas

Fixemos unha árbore de nadal con estrelas. Cada neno escolleu as palabras que quería ver na súa estrela, a cor e a dirección das palabras; despois imprimímolas, plastificamos as estrelas e colocámola para formar a nosa árbore. Enriba puxemos un corazón con catro palabras: EDUCACIÓN  PÚBLICA PORTOFARO  e PAZ.





VISITOUNOS PAPÁ NOEL

Papá Noel visitou o Ceip PORTOFARO e os rapaces de segundo entregáronlle as súas cartas. Despois agasallounos cuns caramelos e un libro para a clase.



domingo, 15 de decembro de 2013

NUBES DE PALABRAS PARA FELICITAR O NADAL

Esta árbore, o corazón e a estrela están feitas co nome de todos os rapaces e rapazas de segundo B. 





Están feitas cun programa moi sinxelo que se chama tagxedo. Aquí vos deixo o enlace a esta páxina.
Enlace TAGXEDO

ÁRBORES NAVIDEÑAS

Este é o noso bosque de árbores de Nadal, unha para cada un.






Un conto de Nadal.

Un conto  divertidísimo "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"



A nosa árbore-calendario

Fixemos unha árbore de Nadal na que imos abrindo cada día o bolsillo correspondente. Cada día un rapaz leva unha postal feita por un compañeiro, unha piruleta e un pequeno agasallo. 
Esperamos que vos guste a nosa árbore.

















 Estas son algunhas das postais que fixemos para a árbore.








mércores, 11 de decembro de 2013