luns, 20 de maio de 2013

UN VERME OKUPA

Aquí tedes un pequeno vídeo no que se ve como un dos vermes se mete dentro do casulo que está tecendo o outro e non para ata consguir facelo sair.


OS NOSOS VERMES

Os vermes de seda seguen cambiando, temos dous co casulo xa rematado, un que está facendo un casulo moi desorganizado (con fíos moi enredados), outro que empezou un casulo un pouco raro e un Okupa.


O verme do casulo desorganizado, vedes que ten os fíos moi enredados.

Os dous casulos xa rematados e no medio
 o noso verme trapalleiro.
 





O verme okupa entrando no casulo que está facendo o seu colega,
non parou ata botalo fora.






domingo, 19 de maio de 2013

O CACHALOTE

Este é un pequeno traballo sobre as características do cachalote, o maior animal dentado do mundo.

VERMES DE SEDA

Os nosos vermes seguen a súa evolución, un deles ten completamente feito o seu casulo, outro está empezando a envolverse nel e outros dous están empezando a soltar fío de seda e tecer. O outro que nos queda segue comendo, pero cada vez menos, polo que non vai tardar en empezar a tecer.





sábado, 18 de maio de 2013

VERMES DE SEDA

O noso verme xa está completamente metido no su casulo, apenas se lle nota a parte da mandíbula. Temos outro que parece empezar a facer o casulo pero non se dá decidido. Os outros tres seguen a comer pero parece que non tardarán en iniciar cadanseu casulo.









VERMES DE SEDA

Onte pola noite a última hora o casulo estaba xa moito máis mesto pero aínda se seguía vendo (especialmente coa axuda da cámara) como o verme se movía e seguía tecendo o casulo. Gravei un anaquiño para que o vírades.







venres, 17 de maio de 2013

VERMES DE SEDA

E aquí tedes o casulo despois de tres horas, vedes que  o casulo é cada vez máis mesto. Probablemente mañá xa non poderemos ver ao verme que empezará a metamorfose para se convertir nunha bolboreta.





Parece que outro dos vermes vai empezar a facer o casulo, non come, ergue o corpo  e dóbrase sobre si mesmo. 
  


 O verme parece querer facer o seu casulo á beira do outro casulo, achégase, úleo, ergue o corpo e ronda arredor del.







VERMES DE SEDA

Esta noite un dos nosos vermes empezou a facer o casulo. Vese perfectamente como o vai tecendo porque o casulo segue sendo transparente, nunhas horas o casulo será máis mesto e non poderemos velo.





VERMES DE SEDA

Os nosos vermes medran cada vez máis, pasan o día comendo e a pobre moreira está quedando pelada. É posible que un par deles empecen a facer o casulo en poucos días.








A NOSA ÁRBORE DE PRIMAVERA.

Para celebrar a primavera (a ver se quere colaborar) fixemos unha árbore con follas e flores primaverais. Tamén engadimos abellas, flores, anduriñas, bolboretas, paxaros, tulipáns....
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

















OS VERMES DE SEDA

Estamos criando vermes de seda para ver a súa metamorfose. Os ovos vonvertéronse en pequenos vermes que comen só follas de moreira (por sorte, temos unha no cole). Durante varias semanas comerán cada vez máis follas e medrarán a un ritmo moi rápido.


Aos  dous días de chegar, algún deles moi pequerrechiños.


Aquí vemos o ventre, e a colocación dos distintos pares de patas.

Nesta foto podemos apreciar a cabeza e a estrutura das mandíbulas.